Banda de Música de Poio

Banda de Música de Poio

A Banda de Música de Poio iniciou os seus ensaios en outubro de 2021, coincidindo coa apertura da Escola de Música de Poio. Desde o primeiro momento, a diversidade de idades converteuse nunha das súas principais fortalezas, xa que conta con compoñentes que abranguen desde os 8 ata os 85 anos, nun verdadeiro exemplo de integración xeracional e paixón compartida pola música.

Tras varios concertos organizados pola escola, a Banda tivo o seu acto de presentación oficial o domingo 23 de xuño de 2024, coincidindo coas Festas de San Xoán, cando a veciñanza puido coñecer e gozar da ilusión e do traballo desta formación.

Ademais, a Escola de Música impulsa a Pequebanda, un viveiro de futuros músicos no que os máis novos dan os seus primeiros pasos co obxectivo de nutrir á Banda de Música de Poio e garantir o relevo xeracional. Hoxe, esta grande familia musical continúa medrando e contaxiando ao concello co seu entusiasmo, ofrecendo un espazo de aprendizaxe, convivencia e amor pola música.