Banda de música O Landro de Viveiro
Avda. da Mariña s/n
bandaolandro@gmail.com
676350529
Nace a partir da Banda de Exploradores, fundada en 1917 por D. Juan Latorre Capón, primera formación bandística consolidada que se instaura en Viveiro. Poucos anos máis tarde o Concello asume os gastos da mesma e da Escola de Música.
Sucedéro
No ano 1957 iníciase unha segunda etapa desta agrupación que se mantén sen interrupción ata o día de hoxe. O seu director foi D. Alfonso Mariño Parapar, que abandona a formación desde 1959 ata 1961 para perfeccionar os seus estudos, anos nos que se fai cargo da dirección D. Antonio Amigo Amigo. Ao seu regreso mantense ao frente da mesma ata 1992, ano da súa xubilación. Substitúeo D. Carlos Méndez López durante un breve período de tempo. Desde 1993 ata 2005 é a quenda de D. Fco Javier Vidal Suàrez. No período que abranguede 2006 ata 2015 é D. Delio Represas Carrera o director da agrupación.
Des
Así mesmo cabe salientar que a Banda de Viveiro foi a primeira de Galicia en incorporar mulleres á súa formación e a pioneira das Bandas Xuvenís, a partir do ano 1973. Tales circunstancias serviron de inspiración para a constitución doutras Bandas de similares características
Participou no Certame de Bandas de Galicia no 2018 levando o segundo premio na categoría terceira.

