Banda de música de Salcedo

Banda de música de Salcedo

Nace en 1988 por iniciativa da Asociación Músico-Cultural San Martiño, facendo a súa presentación en novembro de 1989 nas festas patronais de Salcedo, baixo a batuta de D. José Bugallo Senra. Paralelamente creouse a Escola de Música (actualmente EMUS). En 1990 asume a dirección D. Vicente Paniagua Conejero, ata o ano 1992, ano no que é relevado por D. José A. Rey Alonso. 
A comezos de 1997 faise cargo da dirección o mestre D. José Manuel Collazo Verde que estará ao fronte da agrupación durante cinco anos. Dende 2002 a 2006, a BMS é dirixida por D. Luís A. González Amosa. É substituido por D. Fernando Raña Barreiro. En 2011 é dirixida por D. José Alfredo Sánchez Murcia e por D. Andrea Loss ata 2012 cando volve facerse cargo D. José Alfredo Sánchez Murcia ata finais do ano 2014. Dende 2015 é director titular da banda o mestre D. Marcel Van Bree, contando cun equipo de 84 músicos. 

Tivo de directores convidados a José R. Pascual Villaplana ou Franco Cesarini entre outros. Da BMS xurdiron músicos profesionais e docentes musicais. 

Como actuacións relevantes destacan as ofrecidas en Barcelos, Trofa e Tomar (Portugal) ou en Parla (Madrid), Festival de Bandas de Música “Vila de Luarca” en Asturias, con Manolo Escobar en Portonovo, no auditorio do Centro Instrutivo da Unión Musical de Bugarra (Valencia), Festival Internacional de Bandas Ciudad de Besana in Crianza (Milán) ou concertos con María do Ceo na praza da Ferrería de Pontevedra.

Entre os premios e galardóns obtidos destacan:

  • Certame Provincial de Bandas Deputación de Pontevedra: 2º premio en sec 2ª 2001 e 2002 , 1º premio e mención de honra en sec 1ª no 2004, 3º premio en sec 1ª en 2007, 1º premio en sec 1ª en 2010
  • Medalla de Ouro "Amigos de Pontevedra 2002
  • Premio "Cidade de Pontevedra" 2003
  • Certame Internacional de Bandas Ciutat de Valencia: 2º premio en sec 3ª no 2003 e 1º premio en sec 2ª en 2005
  • Certame Nacional de Bandas de Música Ciutat de Cullera: 3º premio en 2005
  • Certame Galego de Bandas: en sección primeira, 3º premio en 2007 e 1º premio en 2013, coa máxima puntuación da 1ª categoría