Banda de música de Salvaterra
Raíña Doña Urraca nº 12
bandademusicadesalvaterra@hotmail.com
657173818
Todo comeza en xuño do ano 2007 nas festas do Cristo de Salvaterra de Miño, un día moi importante culturalmente falando para Salvaterra, que xa contaba con agrupacións corais, grupo folclórico, e a partir dese momento quedaba presentada tamén a Banda de Música de Salvaterra de Miño sendo o referente cultural, xa que tamén conta co apoio da Escola de Música de Salvaterra de Miño que conta con máis de 180 alumnos, que a parte de estar enfocada a crear músicos amateurs, tamen imparte clases para aqueles que desexen a música como o seu medio de vida, e que irá nutrindo de futuros músicos a esta importante agrupación, coa axuda tamén da Banda de Música Xuvenil e a recién creada Banda de Música Infantil de Salvaterra de Miño.
Nos anos 2011, 2013 e 2015, aínda que con só 4 anos de historia, participan nos certames de Bandas de Música Populares organizado pola Exc. Deputación de Pontevedra.
A Banda de Música de Salvaterra de Miño, conta actualmente cunha media de 55 músicos, realiza varios intercambios con distintas agrupacións musicais como a Banda de Música popular de Rubiós, Unión Musical de Coruxo, Banda de Música de Mondariz, Unión Musical de Guláns, e destacando tamen o intercambio feito coa Banda de Música Municipal Villa de Alagón (Zaragoza), Banda de Música Municipal de Villamayor (Salamanca), Festival Internacional de Bandas de Música de Monçao (Portugal) entre outros. Ademáis, participou durante dous anos consecutivos no certamen Autonómico Galego de Bandas de Música, no auditorio de Galicia en Santiago de Compostela acadando o 3º premio.
No ano 2018 a Banda foi seleccionada e participou no certamen internacional de Aranda del Duero (Burgos).
Dende a súa fundación sucédense actuacións por toda a xeografía galega e norte de Portugal mentres a Banda vai medrando en calidade e prestixio.
Esta agrupación está dirixida baixo a batuta de D.Daniel Gregores Muñoz.

