Banda de música O Landro de Viveiro

Banda de música O Landro de Viveiro

Nace a partir da Banda de Exploradores, fundada en 1917 por D. Juan Latorre Capón, primera formación bandística consolidada que se instaura en Viveiro. Poucos anos máis tarde o Concello asume os gastos da mesma e da Escola de Música.

Sucedéronlle a D. Juan Latorre dous directores de reconocido prestixio no ámbito musical galego: D. Higinio Cambeses Carrera, gran propulsor dasbandas populares e D. Jesús Pérez Ricas, musicólogo viveirense fundador do Corpo de Directores de Banda. Trala marcha de Pérez Rivas en 1944 a Banda ofrece actuaciones esporádicas baixo as batutas de D. Ramón Amor García, D. Francisco López Díaz e D. Carlos Adrán Cambón. En 1952, D. Manuel Rebollar Martínez, procedente da Banda de Ortigueira, acada a praza de director da Escola de Música e da Banda. 
No ano 1957 iníciase unha segunda etapa desta agrupación que se mantén sen interrupción ata o día de hoxe. O seu director foi D. Alfonso Mariño Parapar, que abandona a formación desde 1959 ata 1961 para perfeccionar os seus estudos, anos nos que se fai cargo da dirección D. Antonio Amigo Amigo. Ao seu regreso mantense ao frente da mesma ata 1992, ano da súa xubilación. Substitúeo D. Carlos Méndez López durante un breve período de tempo. Desde 1993 ata 2005 é a quenda de D. Fco Javier Vidal Suàrez. No período que abranguede 2006 ata 2015 é D. Delio Represas Carrera o director da agrupación. 
Desde xullo de 2015 ata a actualidade dirixe a Banda de Viveiro D. Carlos Timiraos Timiraos. 
Así mesmo cabe salientar que a Banda de Viveiro foi a primeira de Galicia en incorporar mulleres á súa formación e a pioneira das Bandas Xuvenís, a partir do ano 1973. Tales circunstancias serviron de inspiración para a constitución doutras Bandas de similares características
Participou no Certame de Bandas de Galicia no 2018 levando o segundo premio na categoría terceira.