Banda de música Belas Artes de Cangas
Avda. de Bueu nº 14
acbellasartes@yahoo.es
610705474
No ano 1926 xurde a Banda de Música de Cangas. O primeiro director foi D. Marcelino Carballo Villaverde que está á fronte da banda ata a República. A banda é dirixida por D. Lucas Ramírez Muñóz e chega a ser una das principais da provincia. Durou ata 1936 entrando nun período de ausencia ata a década dos corenta. Ao rematar a guerra civil D. Lucas Ramírez Muñóz forma a banda xuvenil “Frente de Juventudes” actuando por vez primeira en 1941 e faise director D. Eugenio Carballo ata 1942. No 1943 faise cargo D. Plácido e nese ano disólvese a banda. No 1949 fórmase unha banda xuvenil dirixida por D. Marcelino Carballo Villaverde que dura un ano.
As primeiras informacións escritas da existencia dunha agrupación musical en Cangas datan de 1950. O alcalde D. Ladislao Castro Castro e Manuel González Martínez (“Manolito Chilola”) crean a Agrupación Musical “Belas Artes” de Cangas, dirixida polo mestre D. Luís Rodríguez Puga. A agrupación celebra a súa patroa “Santa Icía” tocando á mañá unha “Diana”, un xantar de irmandande e á noite tocábase unha serenata. Cincuenta anos despois mantén este tradición.
Actúa por toda Galicia nas “Verbenas de Vigo”, as festas de Santa Rita en Vilagarcía e en Sao Bento en Traviscoso (Monçao). Durante nove anos a banda está sen director e en 1972, D. Manuel Blanco Soliño e antigos membros formaron con trece músicos a Banda de Música “Belas Artes”.
No curso 1982-83 comeza a funcionar a Escola de Música de Cangas dirixida polos mestres Eugenio Carballo e Inocentes Camaño. Comeza a inclusión de xente xoven e de novo repertorio, pasando a ser 42 compoñentes.
No 1985 fúndase a Asociación Cultural “Belas Artes” e en 1988 edítase o disco “Cangas pobo encantador” Dende 1990 dirixe a banda D. Alberto González Avilés, D. Antonio Budiño Durán, D. Pedro García Larroque, D. Alfredo Sánchez Murcia, D. Eduardo González López, D. Jose Luís Loureiro Durán, D. Xulio Álvarez Pereiro e D. Santiago Barreira Davila. Dende 2017 o director é D. Humberto Carballo Martinez.
A Sección Xuvenil “Belas Artes” xurde no ano 2000. Tras un parón de varios anos, recupérase en 2020. No 2019 a banda recuperou a súa Escola de Música.
Participou en diversos festivais en Galicia e territorio nacional. Obtén o 1º Premio da 2ª Sección do Certame de Bandas Deputación de Pontevedra en 2002 e 2003, o 1º Premio da 1ª Sección no certame zonal Deputación de Pontevedra en 2008, 4º posto no Certame Provincial da Diputación de Pontevedra e no X Certame Galego de Bandas de Música.

