Banda de música municipal de Valga
Avda. da Coruña nº 14
esmudevalga@gmail.com
609918325
Entre as actividades anuais, destacaremos o Campamento Musical de verán en lugares de toda a xeografía española e portuguesa. O ciclo Música coas Nosas Bandas programa concertos de bandas de música galegas no Auditorio de Valga, e colabora co Concello de Valga no ciclo de música de cámara Música nas Igrexas. Dende 2009 desenvolve concertos con directores convidados como Javier Morgade en 2010, David Fiuza en 2011 ou Pere Molina en 2017, entre outros.
A produción discográfica inclúe as gravacións Melodías Populares (2005) presentada nunha xira por Buenos Aires e Melodías do Mundo (2011).
Premios conseguidos en certames en Galicia son os do Certame Provincial de Bandas de Música de Pontevedra, con segundos e terceiros premios, e un primeiro premio en 2007, así como no Certame Galego de Bandas de Música, con premios como o primeiro premio da Sección Segunda en 2007, e da Sección Primeira en 2009 e 2018. Fóra de Galicia, consigue o 3o premio no I Certamen Nacional Villa de Magallón (Aragón) en 2006. En 2016 estrea en Galicia a cantata Carmina Burana de Carl Orff cos textos traducidos ao galego, xunto co Coro Gli Appasionati. A actuación repetiríase en 2019 na Cidade da Cultura de Galicia de Santiago de Compostela.
O director, dende a súa creación, é Manuel Villar Touceda.

