Banda de música de Chapela
Edificio Multiusos de Chapela - Piñeiral nº 12 -Chapela
bandadechapela@hotmail.com
https://culturaldechapela.org/
986452244
Fai a sua presentación o 11 de febreiro de 1995 sendo director Juan Carlos Diaz e presidente Alejandro Bastos, apadriñada pola Agrupación Musical de O Rosal e a Banda-Escola de Música de Beade.
No seu primeiro ano de vida percorre Venezuela (Caracas, Chacao, Puerto Ordaz, Valencia, Barquisimeto, Ciudad Bolívar,...) e grava o seu primeiro compacto.
Dende 2001 participa e obtén premios en certames como o Certame Provincial de Pontevedra, Certame de Bandas de Galicia e Certame Provincial Zonal de Pontevedra.
En 2000 faise cargo da batuta Lourenço Filipe da Silva Cruz e participa no Concurso Nacional de Bandas de Música de Murcia, obtendo o segundo premio.
Dende 2003 é director Francisco Abal Rosales. Actuan en eventos culturais e festivais por toda a xeografía galega e en Madrid participa na celebración de Galicia do Centro Galego de Madrid.
Dende 2007 a banda foi dirixida por Severino Pedrosa Núñez, músico da propia banda. No 2011 participan en Marina D'Or e faise cargo da dirección Santiago Barreira Davila. En 2013 realiza a primeira gravación de marchas procesionais recuperadas pola Fundación Reveriano Soutullo, arranxo de Javier Jurado "A Sagrada Hostia" e "Santísimo Sacramento" de Soutullo. Estas dúas procesións e o pasodobre "Redondela" pertencen ao arquivo da exposición itinerante "Unha vida para a música" que mostra a vida e obra do compositor ponteareán. Este mesmo ano presentaron o compacto "18 anos en clave musical".
En 2014 puxo música ao Festival Nacional de Curtametraxes e realiza un intercambio coa Banda "Lira de Luarca".
No 2015 a banda estreou a obra "Poema de Arealonga", un traballo encomendado polo director e compositor Ángel Montes, como un regalo para a Banda de Música Chapela. A obra foi a primeira adicada á parroquia. Describe paisaxes, costumes, persoas e acontecementos históricos como a Batalla de Rande, que tivo lugar na costa de Chapela. Ao final do concerto, a batuta é entregada ao seu actual director, Andrés Álvarez Hernández.
Nume

