Banda Artística de Arcade
Rúa Barrocas s/n - Arcade
artisticadearcade@gmail.com
610228010
No ano 1876 faise cargo da banda un músico redondelán chamado José Pereira ata o ano 1890 que o sucede o seu fillo. No ano 1928 faise cargo da banda D. Manuel Bouzón Casal, músico do Estado Maior da Armada que é o que cambia todo o repertorio e sobre todo a organización da Banda. No ano 1935 implantou o uniforme azul para a Banda e cambia a denominación da mesma xa que antes chamábase “Popular”. No ano 1948 constrúese a cada academia coa axuda dos veciños. No ano 1974 Manuel Bouzón retírase e ocupa o seu posto Adonis Ferreiro case cinco anos.
No ano 1978 faise cargo da Banda Don Ramón Seara Otero, que é cando a banda sofre profundos cambios (novo instrumental pasando ó diapasón normal, amplificación, gaitas e estatutos polos cales se vai a rexer a Banda).
No ano 1997 faise cargo da banda Oscar Orge Vidal durante 9 anos. No ano 2000 a asociación da banda funda a escola de música. No ano 2005 e por iniciativa de Iván Maia fúndase a Banda xuvenil con só nove músicos.
No ano 2006 faise cargo da Banda D. Iván Maia Boullosa sendo actualmente o seu director co que se aumenta o número de membros da banda e reducindo a media de idade ata os 18 anos. Tamén retoma o seu papel de banda orquestra fundada 30 anos atrás e desaparecida fai unha década. A día de hoxe conta con máis de setenta alumnos dende os catro ós oitenta anos, 16 profesores e máis de 15 alumnos acabando os seus estudos nos distintos conservatorios de Galicia.

