Banda de música Oza-Cesuras

Banda de música Oza-Cesuras

Nace en abril de 2015 no seo da Escola de Música de Oza-Cesuras. 

Está formada por músicos noveles procedentes de toda a comarca e de dita escola. Actualmente ten unha plantilla superior ós 25 músicos. Conta con entidade propia e cun calendario de traballo e actuacións.

A traxectoria da Banda comeza no curso 2014/2015 coa iniciativa de Enrique Lagares Rivas, actual director da agrupación, quen levou a cabo o concerto presentación en xuño dese mesmo ano.

Dende entón a agrupación está en constante formación e evolución. Realizou diversos concertos a nivel comarcal e autonómico, actuando en Lalín xunto ás bandas de Abegondo e Liceo La Paz da Coruña. Realizou un intercambio coa banda de Castro de Rei en Lugo e un intercambio internacional coa banda de Veurey-Voroize (Francia), ademais dos xa tradicionais concertos de Nadal e de música galega.

En 2019 intégrase na Federación Galega de Bandas de Música Populares.